Carne de Biopic: Ugio Caamanho

Hai certos personaxes que espertan en min un inusitado interese e se puidese levaría a súa vida (parte dela, máis ben) á gran pantalla. E se hoxe emprego a lingua galega é polo personaxe protagonista: Ugio Caamanho. Fai pouco apareceron uns cartaces por todo Santiago de Compostela, onde unha frase de Malcolm X advirte do perigo manipulador dos medios de comunicación, en referencia por como se tratou inxustamente a este rapaz.

O meu post vai rematar aquí pola miña parte. Só quero que saibades que a historia que o levou ó cárcere paréceme digna de película, e aquí adxunto fragmentos da peripecia. E, a súa vez, súmome a incompresión de semellante condena por tales feitos. Ollo ó dato.

«Colocou vostede a bomba?«, cuestionoulle o letrado. «Coloqueina«, replicou rapidamente o mozo, quen, porén, matizou que o seu obxectivo non era causar vítimas. «Non tiña intención de facer dano a naide, coloquei un cartel xunto ó explosivo que dicía ‘Perigo bomba. Non tocar’«. Caamaño foi detido pola Policía antes de que o seu artefacto explosionase. Nese sentido, o independentista relatou que, no mesmo momento do seu arresto, identificouse ante os axentes co seu nome real e alertou do lugar no que colocara a bomba e o tempo que restaba -«unha hora e 20 minutos«- para a explosión.

O rapaz levou a cabo a súa acción oculto baixo unha gorra e unha perruca e utilizou un coche de marca Citroën modelo Saxo color gris que foi robado a punta de coitelo o 14 de marzo de 2005 por dúas persoas que non foron identificadas. Caamanho explicou que o auto deixoullo un amigo e que descoñecía que fose roubado, mentres que, sobre o disfrace, xustificouse alegando a súa intención de non ser identificado. «Non quería que me recoñecesen, xa me detiveron outras veces mentres ía pola rúa«, dixo.

En canto á participación de Giana Rodríguez -tamén membro de AMI-, a fiscal pide para ela 19 anos de prisión polos delitos de estragos (15 anos) e utilización ilexítima de vehículos (4 anos). Aínda así, Caamanho exculpou hoxe durante a súa declaración á súa compañera. «Atopeima polo camiño e intentei desfacerme dela para que non estivese comigo nese intre, ó final desfíxenme dela ó chegar á Praza de Galicia e cercioreime de que a perdera de vista«, explicou ante o tribunal presidido polo xuíz Javier Martínez Lázaro.

Minutos despois, Giana Rodríguez reiterou as palabras do seu compañeiro ó lembrar, a preguntas da fiscal e do seu avogado, cómo se atopou con Caamanho pola rúa ese día. «Eu viña de durmir na casa dunha amiga, non estiven con el nin dous minutos, costoume un pouco recoñecelo, vacileino un pouco e lle preguntei onde ía, pero non mo contou, tan só me dicía que tiña présa, que non se podía parar e que marchase«, detallou a rapaza, quen tamén foi detida co DNI doutra persoa nunha estación de tren unha hora despois da explosión.

Fonte: El Correo Gallego

2 comentarios

Deja un comentario