Do azar e as probabilidades Vol. II

Se xa no pasado falei dunha serie de acontecementos azarosos que me deixaron abraiado, o deste fin de semana foi definitivamente incríbel. Fai tempo meu amigo Rubén comentárame de ir ver a noite do venres 19 á orquestra América, un gran grupo con mellor repertorio rockeiro, nas festas de Seoane. E alá fomos, con toda a pandilla soportando o frío da noite escondidos no bochinche. En certo momento da noite, vin como Samuel estaba anotando o seu nome nunha folla con varias casillas: polo visto tratábase do sorteo dunha cesta carnavaleira (viño, grelos, lacón e demais produtos cárnicos) pagando un euro por número. O sorteo ía desde o número 1 ata o 300. Eu quería coller algunha das cifras da serie Illados (4, 8, 15, 16, 23, 42), mais estaban todos collidos. Porén, un dos meus números favoritos, o 88, estaba orfo. Alí fun eu e puxen a moeda sobre a barra e o meu nome na casilla, disposto a que o Destino fixese o seu traballo. Varios cubatas despois, Samuel acercouse a min todo alterado provocando o seguinte diálogo:

– Ti es Pepe Mansilla?

– Si.

– Acabache de tocar a cesta!!

– Boh, estás de coña…

De súpeto, colleu o meu brazo e arrastroume ata o palco. Desde arriba unha amábel señorita co micro na man pedía o meu DNI e alí saquei o meu esquecido carné de conducir. Esato. Era o vencedor. Non podía crelo: dúas cestas en menos de cinco meses, cando nunca na miña vida tivera sorte neste tipo de concursos. E veña ló, festa rachada, a correr, bailar… E os temas que marcaron a noite foron Sweet Child O’ Mine, El vals del obrero, Du Hast, remix de Queen, Eloise…Mención especial o guitarrista que fixo arrimarse ó escenario a toda a xuventude coa melodía inicial de Starway to Heaven, para despois executar unha canción pachangueira, cumprindo á perfección coma se fose unha técnica do meu amigo Lex para vender entradas de Paso de Ecuador. “La mentira hecha marketing”, carallo. Logo tivemos sorte e un amábel Tourís levounos de volta a casa sobre as 6 da mañá.

A faciana do triunfo

Sábado 20, 11:30 da mañá. Levántome para ducharme medio apirolado e ir á perruquería e quitar a mata de pelo da cachola. Tras un vermú cos amigos e unha comida familiar contando unha e outra vez a sorte do sorteo, chega a hora de ir ós Carnavais da Baña: si amigos, aquí imos atrasados en todo, incluso nas datas das festividades. Media hora antes de saír, todavía non tiña claro ó disfrace: moderno (pouco entendido por esas terras), chinés (demasiado típico), guerrilleiro (pouco cutre)… A falta de recursos espolea a mente e realicei a seguinte preparación: puxen o chandal, un coxín no cu e outro no bandullo, a camiseta da carreira de Negreira, un pequeno walkman, unha cinta no pelo, os meus vellos tenis e unha minineveira con CocaCola Zero e un bocata de leituga. Ó principio non pensaba participar, pero como Rubén estaba animado, acudimos ó Concello a inscribirnos. Tiña todo para gañar, salvo o nome. O caso era discurrir algo:

A) Señora facendo deporte (non esatamente, faltábame o pelo e o peito)

B) Profesor de Ximnasia (demasiado pouco gracioso)

C) Alcalde facendo deporte (ideal para ser descalificado antes de participar)

D) Monitor sociocultural (perfeto, modo de encandilar as traballadoras do Concello e divertir á parroquia)

Que pasou? Eramos únicamente dous concursantes nesa categoría premiada con 90€. Antes de comezar o desfile pactamos que gañase quen gañase, o premio sería repartido, quenda pacífica. Pintamos un pouco o parvo á hora de pasar por diante do Xurado e despois só faltaba o veredicto para saber a quen lle tocaba firmar. Seguindo coa miña fortuna, tocoume a min recoller o premio. Despois de facer o reparto, invitei a unhas pizzas á pandilla para celebralo con calimocho do viño da cesta.

Non se le nada, pero é o sobre dos 90€

Conclusión, as rachas existen. Así tiven e terei rachas malas e moi malas, mais a vida ás veces depara este tipo de agradábeis sorpresas. Por se acaso, merquei un cupón de lotería na pizzería, pero como di meu tío “non todo o monte é orégano”. Aínda así, paréceme un xeito excelente de despedirse do primeiro cuatrimestre do último ano universitario e comezar o seguinte. E festa rachada, entroido, e festa rachada, viva a carallada…(8)

Para un bo cocido ben vale

4 comments

  1. E festa rachada, entroido, e festa rachada, viva a carallada…(8) Ésto sóname a estribillo dos carnavaleiros de barcala jejeje!! q aproveite esa cesta!!

  2. Heya this is kind of of off topic but I was wondering if blogs use WYSIWYG editors or if you have to manually code with HTML.
    I’m starting a blog soon but have no coding knowledge so I
    wanted to get guidance from someone with experience.
    Any help would be greatly appreciated!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s