A prol de YouTube

Esta semana un profesor da miña Facultade, denominaba ó portal YouTube como unha especie de ‘sumidoiro audiovisual’ e dubidaba se o material que contén esa web podería ser considerado cine, como se a sétima arte experimentara unha especie de perversión ó entrar dentro desta páxina. Para rebater as súas verbas, prefiro ir por partes.

Non me parece a metáfora máis axeitada para explicar o fenómeno YouTube. En canto á extensión, ‘sumidoiro’, aínda que sexa o dunha inmesa megalópole, queda curta: YouTube é un Universo sen fin, o seu Universo paralelo e todo aquilo que o rodea. Dentro del podemos contemplar planetas descoñecidos, fermosas estrelas, sorprendentes supernovas e algún que outro burato negro… Este hiperimaxinario permitiu a cada un dos seus usuarios ampliar as súas fronteiras audiovisuais e observar moitas historias que nunca poderíamos chegar a concibir doutro xeito.

Continuando coas metáforas, tamén se podería considerar a YouTube como un enorme Océano no que só observamos na súa superficie algún que outro peixe saltarín, descoñecendo toda a riqueza que podemos atopar ó mergullarnos. Moitos contribúen creando novas especies marítimas e lanzándoas ó océano. Despois, o usuario chega desde o seu navegador, colle a súa cesta de cebos elixindo o que máis lle apetece catar (‘funny cats’, ‘promo gossip girl’, ‘bob dylan’) e lanzando a caña á espera de capturar o que desexa ou algo que desexaría mais aínda non coñece. E é que dentro de YouTube nunca sabes o que te podes atopar, cousas fascinantes como aquel subxénero de Gatos Sentados referenciado hai tempo por Javi Camino,  ou desatar toda unha guerra de egos e barrios a distancia, demostrando un dos puntos máis extremos da globalización: este foi o caso do agora archicoñecido John Cobra e o non tan famoso fóra de Internet Batu The Dog (aquí tedes un interesante artigo que resume o caso para os non iniciados no tema).

Para rematar as miñas verbas sobre as metáforas, teño que indicar que estas non son as únicas que podería empregar: YouTube tamén é unha enorme enciclopedia audiovisual que se non fora pola política de dereitos de autor contería case todo o traballo do colectivo mundial e as obras de referencia do sétimo arte. YouTube é un enorme escaparate para cada un de nós: todo o mundo é un cineasta en potencia, cadanseu coas súas propias limitacións, pero que pode empregar calquera cámara que teña a man, coller unha (desafortunada ou brillante) idea a plasmar para despois subila e compartila dentro de YouTube. Moitos vídeos canto menos curiosos fan de YouTube a súa tumba ó no saber preparalos para o público (selección de etiquetas chamativas-que non enganosas- e promocionarse pola Rede), mentres que outros fan dela a catapulta ó recoñecemento social (en distintos graos claro, da prensa local ás empresas cinematográficas).

E aquí chega a segunda cuestión á que facía referencia o profesor que citei o comezo da actualización: YouTube pode ser considerado cine? Unha clasificación cinematográfica, atendendo ó presuposto e a unha determinada adscrición xenérica, consiste en agrupar as producións en series: A, B ou Z… Un desafortunado artigo de La Voz de Galicia (desafortunado para mín, xa que eu son chamado Pedro Mancilla e meu amigo Pedro era Pepe Díaz), dicía que nos formabamos parte da serie C…A pesar de ser un termo un tanto ‘doado’ e cuns parámetros bastante difusos, resulta bastante acertado. Sí, a meirande das curtametraxes e obras creativas de YouTube atópanse dentro da arte cinematográfica, se ben o presuposto e as limitacións técnicas condicionan o resultado final: sendo un lastre para elas ou mellorando incluso o produto final.

Máis alá da súa duración, pola súa natureza considero que moitos dos clips non se atopan dentro da categoría convencional de curtametraxes.  As características principais son as interpretacións con actores amateurs, grabación en cámara de baixa calidade (cámaras dixitais, teléfono móbil) e pouco coidado na posta en escea. Non quero dicir con isto que sexan normas ríxidas e que nun clip concibido para YouTube todo isto non se atope: sen ir máis lonxe o videoclip de Weezer ‘Pork & Beans’ forma parte da cultura de YouTube como o que máis e non coincide con ningún aspecto da miña definición. Mais eu non falo de grandes expedicións que se meten na xungla, senón de pequenos aventureiros, de aqueles que queren facer algo grande partindo do máis mínimo: o cineasta español Nacho Vigalondo participa desta filosofía cuns resultados realmente abraiantes, como é o caso de ‘Cambiar el mundo‘ o ‘Código 7’, pezas impulsadas por diversos concursos de Internet. E moitos clips sen presuposto teñen unha fotografía e montaxe altamente talentosos.

En resumo, desde a miña perspectiva YouTube é un fenómeno altamente positivo,  unha fastuosa base de datos que ten todos os vídeos que podamos desexar (restrinxido, como é normal e habitual, o contido pornográfico): videoclips, trailers, producións dos amigos, memes, vídeos de golpes e trompazos, creacións enxeñosas, hipnoses audiovisuais, fragmentos de programas de televisión… E sí, dentro desa inmensa maraña existe un conxunto de creacións que se poderían incluír no sétimo arte. Hai algúns cortos de menos dun minuto moito máis brillantes e aplaudibles que toda unha longametraxe. YouTube non vive no cine, pero hai cine que vive en (e/ou de) YouTube.

Anuncios

3 comments

  1. Puede ser que youtube tenga alguna pieza interesante, pero tienes que reconocer que, dentro de toda la “producción” destinada al portal (me refiero a aquella que no es la subida a internet de piezas de programas televisivos o de fragmentos de películas) hay muy pocas cosas buenas y mucha porquería 😀

    (excepto lo que tú haces, cariño :P) XD

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s