Pois ‘cha vez’ ti…

Cha vexo, cha...

Atópome inmerso nun proxecto de investigación dedicado a analizar o tratamento informativo que realizou o xornal El País entre o golpe de Estado que realizou Hugo Chávez en Venezuela en 1992 e o que sufriu en 2002. O meu proxecto inicial era moito máis ambicioso, pero o meu titor soubo quitarme a venda de iluso e enfocalo neste tema interesante e curioso. E aínda menos mal que conto coa axuda desinteresada dun anxo para poder chegar a bo porto.

Agora lamento non ter dedicado máis tempo a investigación, porque estou no momento en que non existen moitas distraccións e asuntos na miña mente e podo dedicarme exclusivamente a el. Hai apartados moi interesantes que me gustaría comentar, fareino de forma breve porque prefiro rematar o traballo que para andar por aquí, xa terei tempo no verán.

Ignacio Ramonet, un dos defensores de Hugo Chávez, explica que existe un dobre discurso nos medios de comunicación occidentais á hora de amosar os países do Sur: o discurso da publicidade, onde as marabillosas paixases e a xente servicial fan del un Paraíso; e o discurso das noticias, onde só nos amosan o Sur coas tráxicas catástrofes naturais ou políticas: terremotos, golpes de Estado, manifestacións con mortos… E polo menos no meu traballo, atendendo ás fotografías e ás informacións publicadas, o apunte de Ignacio Ramonet atópase acertadísimo.

En canto á Hugo Chávez, o presidente venezolano aparece demonizado polos medios de comunicación. Nin tanto nin tan pouco: non quero mollarme demasiado, son home de conviccións políticas bastante febles. Non teño ningún problema co tipo de política que desenvolve, e pretender axudar ós máis pobres é unha das tarefas que moito queda para conseguilo no mundo occidental (moito máis agora, inmersos nunha crise que afecta incluso ós acomodados da clase media). Mais o personaxe de Hugo Chávez en si resulta demasiado polémico: as súas intervencións televisivas (lonxe queda ese vídeo onde ordeaba ós seus colaboradores a rendirse) parecen propias dun programa de humor. Non vou entrar no xogo de se é un ditador ou se realmente non existe liberdade de prensa non seu país, eses temas quedan para Lumidla se quere, pero creo cun home desas características non debería ostentar un cargo tan importante como a presidencia dun país. Foi un militar que intentou acceder ó poder por medio dun golpe de Estado, fracasou e logo chegou o poder pola vía democrática. Unha historia non tan orixinal, mais no seu caso sufriu un golpe e foi reposto por apoio popular. Diso non cabe dúdiba: Chávez non está no poder por casualidade, a maioría dos venezolanos confían nel.

En Internet tedes cantidade de vídeos onde podedes ver as súas actuacións. Quen interprete mal as miñas palabras, síntoo: hai xente que ve o que quere ver, non estou atacando en absoluto ó sistema político que defende Chávez, en absoluto, simplemente aínda que sexa el quen o leve a cabo, non me parece en absoluto un bo líder político. Demasiado egocéntrico, paixonal, polémico, abrupto. Un home demasiado impulso, que se unha mañá se levanta co pe esquerdo e lle din unha mala palabra, non dubidaría en premer o botón vermello.

Snif, snif…ups, creo que aquí comeza a cheirar a ASUFRE.

Finalmente, interesantísima entrevista realizada a Hugo Chávez recentemente no mesmo palacio de Miraflores (Caracas) onde o xornalista Stephen Sackur o somete a unha durísima batería de preguntas…Todo un duelo digno de Frost vs. Nixon. Como curiosidade, esta entrevista foi realizada por mediación de Oliver Stone, pola estrea do seu documental sobre a experiencia socialista revolucionaria en Sudamérica. Se non, dubido moito que se concertase…

Anuncios

One comment

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s