Entrevista exclusiva

¿É duro ser un dos guapos oficiais de ‘A noite máis curta’?
— Non me considero guapo oficial neste evento, para iso xa están os directores das curtas (risas) Estou moi emocionado do tremendo honor que temos ó estrear “O morgado tivo un prezo” no Teatro Principal en Compostela, un auténtico luxo.

— ¿Tanto lle gusta o cine de Tarantino como para non parar de eloxialo?
— Sería pouco honesto non recoñecer que non visionei as súas películas ata comezar a Universidade, desde entón son fan acérrimo. Aquí pouco Tarantino, ‘O morgado tivo un prezo’ ten unha evidente influencia de Leone.

— ¿A xente de Comunicación Audiovisual son un público fiel?
— Non creo que a fidelidade veña polos estudos que teñas, para a nosa estrea agardamos que veñan as persoas coas que temos boa relación como mínimo…e moitas máis, se é posible!

Empezou co videoclip “Bomba”, pero parece que a estrea será algo máis, un ‘bombazo’, non?
— (Silencio incómodo) Agardamos que sexa unha gran noite, sí…

— ¿Como é aquilo que dixo da vosa curta que “é normaliña tirando a perfecta”?
— Aquilo foi unha manipulación, nunca pronunciei esa frase. Dunha frase colleron a primeira palabra, a terceira e a última.

¿Está enterado do prezo das entradas de cine nestes tempos de crise?
— Obviamente. A situación está moi mal, é unha esaxeración ver como a xente opta por descargarse indiscriminadamente contidos audiovisuais (entre os que me enumero), pero é necesario un reaxuste do sistema. Mira o éxito do Festival Cineuropa, entradas a prezos asequibles e unha programación moi atractiva. Para vir a ‘A noite máis curta’ non hai excusas, entrada de balde…

Entre que o morgado tivo un prezo e que está ‘hecho añicos’ ¿as rodaxes pasan factura?
—Parece que non, pero co agobio que sempre se me mete no corpo… Pero máis que as rodaxes, a posproducción…e máis que a min, mellor pregúntalle a Pedro…

¿Verémolo de novo no audiovisual ou quedou satisfeito con ‘As relacións son difíciles’?
— Todavía non me vin, teño sensacións contradictorias, pero terei que enfrentarme a ver como perpetro a profesión de actor… Agradezo moitísimo a oportunidade que me ofreceron Cibrán e os seus compañeiros, pero creo que terei que pulir esa faceta… polo menos, non cobrei como Paquirrín, polo que estou máis libre de culpa…

Di que lle ofendería que trataran de ligar con vostede os famosos. ¿Atrévense os admiradores?
— Creo que estás confundíndote de entrevistado… Nin famosos nin admiradores, rapaz, déixao estar!

— De tanto como fixo, houbo incluso un bico con Patricia Conde. ¿Gustoulle?
— (Silencio incómodo) Na miña vida coincidín con Patricia Conde.

Para anunciar champú hai que ter un pelo bonito. ¿Para anunciar sachos hai que ter un bo cu o basta con saber sachar?
— Un pouco de todo. Na Baña teño un bo sacho para a colleita, bueno, máis ben meu avó, quen o mercou e o usa, eu son un pouco inútil á hora de realizar tarefas do campo. Ás veces boto unha man coa leña ó recollela, pero nin sachar nin sementar nin nada. Un bo cu supoño que axudará á hora de anunciar sachos, aínda que non coñezo ningún anuncio desa categoría. Onde estea o Ratibrón…

O Morgado tivo un prezo“, dirixida por Pedro Díaz, en colaboración con Sergio Rodríguez e Alicia Galiña, con Pepe Mansilla colaborando no guión, como axudante de produción e diseñador dos créditos, estréase o vindeiro mércores 30 de marzo ás 21:00 no Teatro Principal, no marco de ‘A noite máis curta’, xunto con “Ay, Pavloba” de Fernando Sánchez, “A culpa é dos pais” de Daniel Villaverde e “Eres demasiado bueno para mí” de Enrique Lojo.

Anuncios

One comment

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s