Festicurta 2011

O mérito que parecía exclusivo dunha promoción afortunadamente se estendeu á seguinte. Despois do éxito da anterior Festicurta, o Teatro Principal acolleu unha segunda edición definida pola presentadora Araceli Gonda con ‘máis curtas, menos prezo’. Este acto gratuíto ademais de presentar os traballos de 3º de carreira da promoción 2008/2012, permitiu unha nova proxección das curtas galegas de ‘A noite máis curta’. Todo un luxo ser invitados neste marco privilexiado.

A entrada deste blog que lle dediquei á primeira edición poñía énfase na unión de forzas e o compromiso entre compañeiros para realizar eventos de tal envergadura. Aquí volvo a felicitar e destacar o esforzo e as ganas que ten esta promoción, por seguir o camiño dos recentes licenciados ata celebralo de novo nun lugar tan emblemático como o Teatro Principal. Doutra banda, rescato outra idea anterior: a nosa Facultade aínda lle queda potencial que explotar. E tampouco son eu o máis indicado para falar, estando no paro e todavía sumido en incertidume vital e profesional. Que quero dicir con isto? Eventos deste tipo deben estar orientados a aspirar a ser algo máis que unha proxección de curtas de clase en pantalla grande, senón como unha oportunidade magnífica para promocionarse fóra das portas da Facultade, non convén esquecelo.

Os instantes previos á Festicurta persoalmente estaba cagado. Estarei sempre agradecido a Cibrán, Xacobe e ó resto dos seus compañeiros por pensar en min para colaborar nos seus proxectos, pero no momento en que asumín o papel protagonista de “As relacións son difíciles” non sospeitaba verme proxectado en pantalla grande. Eu son actor do método (o de CCC, para ser máis exactos) e non é a mesma vergonza a que non sinto cando xente descoñecida ve Lógico que salga mal nas súas casas, que a sinto cando xente descoñecida me está vendo en pantalla grande coa presión do público en directo. Aínda así, ó final a miña actuación non foi tan mal como esperaba e xa estou agardando a chamada de Jorge Coira para a secuela de 18 comidas.

De novo, non vou entrar a valorar as curtas proxectadas (non son quen de xulgar o traballo da xente da Facultade), mais a miña predilección tena Stan Kurdi. A xente pensará “claro, porque saes ti mamón“, mais repito que son máis fan do humor- con máis presenza nesta edición, coas destacadas Xizeitor e Limpieza Semanal, entre outras-, e nesta curta había desde o máis zafio (o mexo), o máis clásico (o tartazo) e tamén o absurdo como os pensamentos en off de todo o equipo. Ademais, a idea do proletariado/equipo contra dictador/director, os psicodélicos títulos de crédito, a presenza dun poio e o cameo final de Pereira sempre suman. En definitiva, agradecer e felicitar ós organizadores polo seu esforzo e a agardar que os seguintes alumnos estean dispostos en convertir esta tendencia en tradición.

Anuncios

2 comments

  1. jajaja viches como non foi para tanto? Ninguén me falou mal aínda da túa interpretación! Sinto non terme unido despois á festa, pero as circunstancias non eran propicias a esas horas. E a intención era que si que saíra fóra e empezara a chamar a atención e converterse nalgo “relevante” pero non atopamos a maneira… a ver para o ano que vén

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s