Buh.

Aínda sendo da rama das ciencias sociais, atrévome a tocar un tema do que seguramente meta a pata, però che mi sembra interesante. É curioso observar a reacción de elementos externos que se introducen nun hábitat alleo ó seu. Un caso claro que temos en Galicia é a introdución do eucalipto. Tirando dos meus amplos coñecementos apoiados na Wikipedia, podemos observar que a súa chegada á nosa terra produciuse en 1860 a través de Frai Rosendo Salvado, home que ademais de ostentar actualmente o nome dunha rúa en Santiago de Compostela, foi un misioneiro en Australia que enviou sementes á súa familia de Tui. As consecuencias son coñecidas popularmente, e coas condicións xeográficas e atmosféricas desta zona (moita humidade, clima costeiro) e polo interese na produción de cultivos forestais, Galicia rematou por ser eucaliptizada. Però, como comentaba il mio compagno di stanza, ter tanto eucalipto non é bo, porque chupa auga do resto da vexetación, deixa a terra feito un cristo para o cultivo doutras especies e logo tarda a vida en desaparecer.

Per chè -non capisco per chè, come dice Mou- scrivo tutta questa roba? Porque creo que podo ser portador doutra introdución foránea en Galicia. A medida que fun aprendendo italiano en Rimini, decateime dunha curiosa expresión común en todas estas xentes. Polo visto, non únicamente na Emilia-Romagna, senón que ata a punta da bota todos os italianos teñen este costume. Para expresar incerteza ou dúbida, moitas veces en lugar de soltar un “no lo so’” ou “è lo stesso“, da súa boca sae un “buh.” Coidado! A súa pronunciación é especial, non é un ‘buh’ ó uso sen máis, o son sae máis da gorxa… Difícil explicar este caso sen ter coñecementos de filoloxía, mais se non è vero, è ben trovato. E que pasa se a un galego, que non sabe se sube ou baixa (que por tópico que resulte non deixa de ser verdade), ten que escoitar questa parola no seu día a día? As condicións para a adaptación son mellores que as do eucalipto en Galicia. Inconscientemente non podo parar de dicir “buh.” como expresión comodín para decidir qué comer, a onde ir ou se me preguntan se prefiro tal cousa. E medo me da que persista esta manía ó meu regreso e se de Coruña e A Baña pode chegar a propagarse ata Tui, pechando o círculo que abriu Rosendo Salvado anos atrás…

…buh…

Anuncios

One comment

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s