Que facer en Viñetas desde o Atlántico 2012

Para aqueles que non estean enterados, onte comezou unha nova edición da feria da banda deseñada na Coruña: Viñetas desde o Atlántico 2012. Cada ano esta cita sempre deixa cousas moi interesantes para os namorados co medio e aqueles non tan familiarizados que se achegan por curiosidade. Para este ano, déixovos varios apuntes que me parecen interesantes de ver e mercar, e así de paso camuflar un descarado spam das cousas que me interesan…

– Na rúa onde se atopan as casetas nos Xardíns de Méndez Núñez, se todo continúa como o ano pasado, atoparedes xusto na entrada á dereita o stand “Fun Comic”, onde ademais de vender un amplísimo e molón surtido de chapas, contan con marabillosos peluches e amigurumis de fabricación artesanal da man de Sara G. López e fantásticos para mercar.

– Seguindo avanzando polos stands, Alita Cómics pon á venda a versión impresa do derradeiro número do fanzine online Esplasbac. Por dous euros, poderedes disfrutar de  40 páxinas B/N con cómics e debuxos de Alfonso V. Rey, Kike Benlloch, Pepe Mansilla, Pedro Villarejo, Hugo Covelo, Sergio Covelo, Álvaro López, Luís Sendón e Xastriño. Galicia Calidade.

– Para rematar as compras, aproveitade os descontos e a gran variedade das distintas editoriais e tendas para descubrir lecturas interesantísimas. Se non vos atrevedes a mercar ó chou, aquí tedes recomendacións de grandes títulos da banda deseñada. E aquí outros máis.

– Tempo para as exposicións. Pola miña debilidade persoal, e aínda sen coñecer como será o seu contido, nunha das salas do concello da Coruña na Praza de María Pita poderedes disfrutar dunha expo de Bola de Dragón, do mestre Akira Toriyama. Aproveitade a explosión do volcán (do volcáaaaan).

– E para rematar, unha charla. Este xoves 9 de agosto, no Kiosko Alfonso ás 18.00h, Kiko Da Silva dará a coñecer o seu interesantísimo proxecto O Garaxe Hermético, a primeira escola de banda deseñada de Galicia, onde supoño que explicará o seu funcionamento e o que se leva facendo durante este verán, con clases sobre distintos procesos na creación de cómic e masterclass con autores da talla de David Rubín, Sergio Bleda ou José Domingo.

———-

Bonus track: facéndovos fans en Facebook das Bibliotecas Municipais de Coruña e estando un pouco atentos ós vosos smartphones, poderedes participar en concursos con regalo directo de distintos álbumes, paga a pena!

One comment

  1. Hola :

    Me llamo Jimena San Martín soy administradora de un sitio web. Tengo que decir que me ha gustado su página y le felicito por hacer un buen trabajo. Por ello me encantaria contar con tu sitio en mi web, consiguiendo que mis visitantes entren tambien en su web.

    Si estas de acuerdo hazmelo saber enviando un mail a jimena.sanmartin@hotmail.com
    Jimena San Martín

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s