Experimentando BD

No breve pero intenso e interesante II Laboratorio Creativo de Cómic impartido por Henrique Torreiro no que tiven o gusto de participar (no Centro Ágora, A Coruña), os distintos exercicios deixaron algúns resultados bastantes curiosos. Non quero detallar todas as experiencias desta actividade, xa que seguramente se repita para o próximo ano (ou debería), pero sí que compartirei unha delas convosco.

Baseado no azar, tocaba escoller entre unha serie de papeis un relato curto, e a continuación a través do lanzamento dun dado tocaba asumir unha serie de restriccións formais. O exercicio consistía en adaptar un relato curto a unha tira de catro viñetas, no meu caso ‘El Paraíso imperfecto‘ de Augusto Monterroso:

“-Es cierto -dijo mecánicamente el hombre, sin quitar la vista de las llamas que ardían en la chimenea aquella noche de invierno-; en el Paraíso hay amigos, música, algunos libros; lo único malo de irse al Cielo es que allí el cielo no se ve.” 

Finalmente, tiña que asumir unha das tres seguintes restriccións: Non empregar textos de apoio, Todas as viñetas deben aparecer sen rostros ou persoas e Todas as viñetas deben contar co mesmo escenario. Como son un home sen medo, decidín crear a tira cumprindo todas as normas. E velaí o resultado:

tira

Nas seis horas repartidas en tres días que durou o laboratorio deu tempo para desenvolver máis exercicios grupais e individuais, ademais de tomar algunha pequena lección de historia de BD e comprobar resultados destes experimentos abordados por debuxantes profesionais. Un gusto que existan estas pequenas experiencias para refrescar o verán!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s