Salò ou os 2 días en Barcelona

oo

Por terceiro ano consecutivo, tiven a sorte de pasar por Barcelona nos días nos que se celebra Salò do Comic de Barcelona. E aínda que este ano por distintos motivos non puiden plantexarme facer algo como a Conga gráfica do ano pasado, gustaríame compartir con vós algunhas das cousas das que puiden disfrutar na edición de este ano:

– Por primeira vez, asistín en calidade de autor no Salò. Teño tras de min demasiado amateurismo e pouco recorrido, pero agardo asistir un ano con algunha cousiña máis potente nas miñas costas. Polo momento, poder ir máis dun día sen pagar de máis coa pulseiriña verde xa foi todo un point.

– Non estiven moi pendente dos candidatos ós premios das diversas categorías, pero que gañase un cómic de Paco Roca creo que non foi unha sorpresa para ningún. A cousa estaría entre Blacksad e Beowulf tamén, pero Paco Roca é todo un referente e todo o que crea é éxito garantido. O único que me deu mágoa é que Zuzumba non puidese levar o de Mellor Fanzine

DSC_2342

– As exposicións estiveron interesantes: a dos 75 anos de Batman, unha de Cómics Autobiográficos, a de Ardalén, unha de viñetas políticas cunha posta en escea moi lograda (cabinas electorais)… e a máis grande, a dos Cómics de Guerra. Interesante, pero tamén deixando descaradamente en bandexa o favoritismo co que partía “Los Surcos del Azar”, de Paco Roca (sen desmerecer en absoluto ó cómic).

dfgd

– Só puiden pasarme por unha das conferencias, a de Paco Roca e Robert S. Coale, moi interesante sobre o proceso de creación dun cómic en colaboración cun historiador, e tamén sobre un feixe de ‘batalliñas’ de guerra.

– En canto as miñas adquisicións e lecturas estes días, deixeime levar polas algunhas das recomendacións de Álvaro Pons e a temática deste ano e comprei “¡Cadáver en el Imjin! (y otras historias bélicas de Harvey Kurtzman)“, editado por Norma. Como namorado de Kurtzman, e aínda que non sinta grande paixón pola xénero bélico, creo que paga a pena. Tamén decidín invertir no álbum recopilatorio das historietas de Cuttlas en 20 minutos e “A la recerca del Català Autèntic” de Dànius & Miquel Martí, que de primeira vista semella un cómic ben simpático e interesante sobre os esteriotipos catalás. Este par de días devorei fugazmente “Los Surcos del azar“, na megaedición exclusiva numerada do meu amigo Quique, unha grande e intenso cómic; e tamén un manga da miña amiga Alicia: “La Oruga” de Suehiro Maruo, unha historia que da moito mal rollo pero capaz de engancharte e ler dun tirón.

DSC_2123#1

– Este ano non puiden acudir a moitas sesións de firmas, pero tiven a ocasión de coincidir por primeira vez con tres autores moi conectados a miña paixón polo cómic. Dunha banda, Miguelanxo Prado, ó que estrañamente nunca puiden coincidir no Garaxe Hermético, e despois con Ramis e Joaquín Cera, dos que devorei tantas e tantas historietas de pequenos nos suplementos de Mortadelo e TBO e por fin puiden saudar en persoa. Encontros breves e anecdóticos, pero que tiña aínda en débeda por facer.

DSC_2338

– E para pechar esta breve reseña do Salò e para pechar o círculo da plenitude gozosa, tiven a oportunidade de probar por primeira vez o Mario Kart 8. Sempre é un placer compertir en novos circuitos de novas edicións, e despois de facer unha carreira impecable de dúas voltas, o maldito pero respetuoso rival co que me tocou enfrentarme, adiantoume nos últimos metros co rebufo para roubarme a miña primeira victoria nesta nova entrega. Xa chegará o meu momento, xa…

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s