Vivir na Coruña, que é moi de BD!

bde

 

Despois da resaca de Viñetas desde o Atlántico 2014 (resaca metafórica, porque a literal vivina durante todo o sábado), aquí ando polo blog coa intención de recapitular un pouco as experiencias que vivín durante esta semana, na 17ª edición deste festival e no que participei dunha forma moi activa a través de distintas propostas.

Rúa da BD: nesta ocasión, e despois de servir durante nove meses como voluntario europeo, animeime a botar unha man no stand de información e no das Bibliotecas Municipais de Coruña, para aproveitar a inmensa cantidade de tempo que ofrece o desemprego e vivir máis preto o ambiente dos stands de viñetas. A verdade é que foi unha experiencia moi gratificante, como usuario habitual das biblios foi moi divertido estar colaborando con eles e comprobar o ociosa que está moita xente para preguntar cousas delirantes ata queixarse dos detalles máis absurdos. Tamén puiden asistir a algúns dos eventos da carpa (a presentación do comic “Nordés” de Kike J. Díaz ou un coloquio sobre a análise comparativa entre as obras do escritor William Blake e o guionista Alan Moore); unha mágoa que a pesar de publicitarse, non houbese tantos asistentes como merecían os conferenciantes. E para que os sexan fan do cómic, a páxina das biblios municipais Fancómic pode servir para calmar o mono entre Viñetas e Viñetas, co seu grande catálogo de libros e actividades.

Exposicións de Viñetas: ata este momento, non tiven a oportunidade de visitar as expos máis potentes, pero no edificio onde está a CGAI puiden a do panorama actual da BD galega. A ver se no que resta de mes podo pasarme no resto, que andan polo Kiosko Alfonso, no Palexco e no edificio do Concello.

Sin títuloas

Os “Herméticos”: despois do meu exilio voluntario, encantoume reencontrarme cos excompañeiros da Escola de BD de Kiko Da Silva, “O Garaxe Hermético”. Dentro de min debátese o orgullo e a envexa de comprobar como cada ano van editándose os seus traballos, perdendo a oportunidade de compartir páxinas con eles. Polo menos, este ano sacamos un fanzine chamado “Hermético”, no que sí que tiven un oco entre o seu talento. Se o vedes nas librerías, tanto ó noso fanzine como ó libro deste ano titulado “A vila dos debuxantes do Norte”, non dubidedes en pillalo, exercicios moi interesantes de mans moi artistosas.

Autobán: para min, a grande revelación deste ano. Entre catro colegas pintamonas (Alejandro J. Almau, Euler Canal e Gonzalo Reimunde), decidimos este ano sacar unha publicación de humor en formato fanzine, “Eres tonto“, e xusto este ano tivemos un escaparate perfecto para promocionar o noso traballo. Sinceramente, non sei porque razón tiña as expectivas un pouco baixas no tema, pero despois de participar podo afirmar sen dúbida que para min foi do mellor ó que teño asistido durante o desenvolvemento da semana de Viñetas. O ambiente que se respiraba era de camadería, descubrín de man dos propios autores propostas moi interesantes (compartimos mesa coa xente de Sapoconcho, Compota de Manatí e Altar Mutante) e puidemos dar a coñecer a nosa propia. Aparte de coñecer caras novas, fíxome ilusión ver en persoa a Roberto M. Soler, o responsable desa tolemia chamada “Cruel y Estúpido“, comprobar á grande progresión temática e gráfica das aventuras de “Gafapasterman” de Rubén Ramallo e a incríble revelación de coñecer ó Marc Márquez da BD galega, Cristián Fojón, un rapaz de 17 anos, que ten un estilo e unha técnica tan sólida, que dan ganas de facerse ermitaño a todos aqueles que queremos entrar no mercado do cómic. E para pechar o evento unha sesión de PechaKucha no que me atorei o xusto no comezo e coñecemos mellor o resto de proxectos. A verdade unha xornada moi interesante da que agardo que existan máis edicións.

Pois nada, a verdade que unha semana moi intensa, unha cita ineludible dos veráns coruñeses e coa ilusión de poder andar por alí o próximo ano. Oxalá poida ver como Viñetas se fai maior de idade!

 

One comment

  1. Dessa vez (no colquio sobre os visionarios feministas) eu pensei que eras bibliotecario!
    O segundo número da Colección Cornelius é um tesouro, a idea da vila de desenhistas melhorou o tebeo do curso anterior.
    Na mostra panorámica da mostra galega estivo a faltar uma refência sobre a morte da revista Oink!. E o campo da tradução de tebeos das editoras Rinoceronte e El Patito era imprescindível; mas quedou fora Vida de nai, editado no 2013, que diferencia o trabalho de El Patito. Mesmo o texto da mostra resulta demasiado enfático. -A culpa é toda de Zeus, Pandora é uma santa.-
    Gran vinheta sobre o cartel. Jajaja!, serás o primeiro… E o cartel do 2010?

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s