Propósitos para o 2015

pe

Un ano máis, por aquí ando actualizando o meu blog o derradeiro día do ano, botando a vista atrás e despois cara diante. Sen enredar moito máis, vou facer un pequeno repaso daquilo que escribín o ano pasado:

 1- Levar outra alegría porque por fin acordase cos meus amigos para participar na miña segunda carreira de karts. NIENTE. Non é doado coordinar axendas de xente que as circunstancias da vida fan separar por vivir con distintos compromisos, en distintos lugares e demais factores (neste periodo vital é cando as letras das cancións de Amaral acadan a mística veraz dos aforismos de Sun Tzu)

2- Dar a Poggiardo e a algunha das súas xentes a fama mundial que merece. NON ANCORA. Algún comentario teño feito nas redes sociais, algúns portais fixeron entrevistas da miña experiencia, pero non puiden dedicar aínda algunha obra un pouco máis elaborada para dar unha idea á xente do vivido nas terras salentinas. As xentes de Poggiardo na súa maioría non merecen máis que boa fama, mágoa que outras… non.

3- Participar nalgunha lección de astronomía. NIENTE. Por ir, nin pisei o Planetario da Casa das Ciencias de Coruña. A ver se este ano fago máis pola labor.

4- Realizar un avance interesante en mi fulgurante historial como pintamonas. PIÙ O MENO. Aínda son preguiceiro á hora de centrarme nun proxecto potente, pero creo que participar no reto de Angôuleme, colaborar no fanzine dos meus excompañeiros do Garaxe Hermético, sacar outro con tamén grandes artistas (“Eres Tonto”) e realizar a historieta de Godard vs. Predator algo vai sumando…

5- Ampliar a miña experiencia laboral e cotización. Por aquilo do futuro. E aquilo de poder vivir sen depender dos demais. ASSOLUTAMENTE SINon vou entrar en detalles porque non está o tema para presumir, e porque tampouco podo dicir que sexa certa a parte final da sentencia.

—————————————————————-

Levo desde o ano 2009 facendo esta publicación anual no meu blog. O tempo pasa e aínda que moitas cousas non cambian (para ben unhas, outras por desgracia), a verdade é que ano tras ano decataste de que é verdade a frase que di que “sabe máis o vello diaño por vello que por diaño“. O 2014 deixou moitas novedades moi positivas pero non eliminou cousas vellas que continuan lastrándome. Despois de todo o vivido este ano, non quero facer público ningún propósito porque realmente non os teño claros. O único que teño claro é que para que as cousas se produzan, máis que prometelas, tes que facelas. Animo a todos os que soñen con algo que esperten e se animen a facelo posible. Agardo poder contar máis cousas polo meu blog, pero agora mesmo tenme máis preocupado poder vivilas que facelas públicas.

Feliciano a todos os que me len e os que non, agardo que o 2015 depare moitas cousas positivas a todos! Let’s fun!

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s