Cantos de Serea

turkishsirena

Istanbul semella unha perfecta representación de toda a nación turca en miniatura: un lugar exótico e familiar á vez para os europeos máis occidentais, dúas zonas irreconciliables, separadas por un abismo pero que non son ren a unha sen a outra. Botándolle un pouco máis de imaxinación, poderíamos dicir que Istanbul, Turquía e a súa sociedade son como unha serea: un ser mitolóxico, fermosísimo e único no mundo formado por dúas partes que abraiantemente se atopan ligadas. Son moitos, e ás veces ata ela mesma, os que soñan con que esta sereíña se transforme nunha princesiña Disney. E moitos desexamos estar con esta serea. Pero, ai! Ela sabe perfectamente que a súa existencia perde a metade do seu sentido fóra do Islam. Ese Islam, ese océano relixioso no que os europeos occidentais nos custa mergullarse e no que endexamais poderemos respirar de forma natural sen estar dispostos a afogarnos. Ese é o hábitat natural desta sereíña.

Se esta sereíña tentase estar de costas ó seu mar e aceptase a maxia negra para perder a súa cola para trocala por un par de pernas, tería consecuencias obvias. Certo que sería máis semellante a nós, pero en troques perdería a súa melodiosa voz, quedaría muda. Da mágoa, pero supoño que se queremos admirar e ter un futuro con ela, un dos dous estaría obrigado a perder parte da súa identidade: no noso sería moi complicado levar a cabo unha vida baixo do mar co sentimento de afogo, pero doutra banda sería unha auténtica crueldade facer perder a súa voz a esta belísima serea. Ninguén dixo que fose doado, pero aínda que un grande estadista como Atatürk fixese todo o posible para que a parte humana da serea estivese preparada para saír das profundidades do océano, a súa tradición relixiosa sempre continuará marcando a dirección do seu país.

(Traducción do “Denantes mortos que escravos”: Gamze Sener)
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s