Cando Son Goku bailou con Monedero

moneder

 

Encántame o Entroido. Cando o ano pasado andaba fóra do meu fogar, as datas que escollín para pasar uns días coa miña xente foron ás das festas de Nadal, pola forte carga familiar e cultural que teñen. Pero se dependese de min, un dos días máis sinalados do ano é sen dúbida o Entroido. A festa máis delirante por excelencia, onde coincides coa xente de toda a vida pero transmutados en todo tipo de personaxes. A retranca, a imaxinación, o humor…; as cousas que tanto alivian a dor de vivir collen por un día o protagonismo absoluto. Un abandoa a súa para converterse no que lle pete. E pode suceder de todo: Buzz Lightyear facendo a conga cun grupo de submarinistas, Dick Tracy tomando unhas copas con Lendoiro ou Monedero bailando unha canción de Pitbull con Son Goku.

Foi unha mágoa que este ano non tivese a oportunidade de disfrutar de máis tempo desta celebración nin facelo con máis colegas no sitio que tiña previsto, pero está claro que se eses días un quere falcatruar un poco, a festa está garantizada se te chantas calquera cousa e saes a disfrutar da tolemia xeralizada do Entroido.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s