Fiz do Varón in Memoriam

11815600_10153015099757918_1956511743_n

O pasado 25 de xullo, día de Galicia,sen agardalo, Ismael González Díaz  deixounos orfos . O meu tío avó foi das persoas con máis creatividade que coñecín na vida, “xornalista, publicista, cineasta, productor, distribuidor e exportador de cine, escritor e investigador histórico”. Cada vez que lle tocaba a un xornalista reunirse con el por mor da publicación ou estrea dunha obra súa, era obrigado afastarse do motivo central da entrevista para adicarlle a metade da páxina a súa colorida biografía ateigada de anécdotas.

Con máis historias que a propia Historia (cada vez que me contaba como coñecera a Truffaut ou a Orson Welles, non podía quitar a idea dun ‘Big Fish’ galego da miña cachola), contaxiaba a súa vitalidade e imaxinario os seus achegados. Lembro cando eu era cativo e con nula experiencia interpretativa, ser outro dos candidatos para interpretar unha das súas grandes teimas: o neno labrego das memorias que escribira Neira Vilas. Tamén foi o primeiro que fixo que un debuxo meu fora contraportada dun libro cando eu tería quince anos. E na recámara queda a súa idea de “Erculín” que non lle din tanto percorrido como merece. E outro momento inesquecible para mín: o día no que ollando a sección de DVDs do Corte Inglés de Coruña atopo un DVD do seu filme “Yo amo a Hitler”, para descubrir despois de compralo que o meu pai ten un inexplicable e extraordinario cameo sen saber ren do tema ata ese momento. E para quen queira botar un ollo á súa entrada na Wikipedia ou en IMDB, terá grandes revelacións sobre un dos pioneiros da industria do cine erótico en España.

Así son as cousas, liscou sen ter a oportunidade de despedirse con calmiña de todos, de intentar pechar algún dos centos de proxectos que deixou no ar, pero como sempre e ata o último momento, decidiu deixar este mundo escribindo e creando. Ninguén quere que unha película que lle gusta e sente súa remate nunca, pero como todo nesta vida ten un The End, pero o de Ismael, que preferiu un corte a negro en lugar dun fundido a negro (inconformista ata o final), non desentona na súa biografía. E agora todos os que continuamos por aquí quedámonos aínda máis comprometidos, porque en vida existía a presión de ver cómo aproveitaba o tempo e non paraba de xermolar ideas, e non podemos agardar e fracasar nesta empresa os que contamos con espírito creativo, por pequeno que sexa.

Pode que xa non estea mergullando nestas augas, mais para un peixe como Ismael o océano da Terra non era d’abondo nin moito menos. Aló onde esteas, aquí será imposible esquecerse de ti.

Ficha en IMDB:

http://www.imdb.com/name/nm0328221/

Ficha na Wikipedia:

https://es.wikipedia.org/wiki/Ismael_Gonz%C3%A1lez_D%C3%ADaz

One comment

  1. Muchas gracias de corazón, mejor escrito ni en el Pullitzer con todos los elementos de una gran obra, te queremos artistazo. besotes de toda la family.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s