Que facer en Viñetas 2015

1436620553690_860_1000_U_8ae65aac343c55a298e1cfbd54f3515

Este ano as circunstancias da vida non me permiten poder participar nin activa nin pasivamente en Viñetas desde o Atlántico… Unha edición que polo visto queda reducida en seis días, pero ateigada de actividades. Aquí déixovos un pequeno resumo para os que teñades a oportunidade de pasar por alá e queirades deixarvos guiar:

  • Exposicións: ademais das que aparecen no programa oficial do festival e que podedes consultar na web, tamén hai outras dúas que recomendaría aínda sen asistir. Na primeira planta da cafetería El Café de Macondo (R/ San Andrés, 106) tedes a expo Viñetaxe da boa xente do colectivo Miñoco, e tamén tedes a de Héroes Animados na Afundación no Cantón grande (intentei ir esta mañá, pero seica só abre polas tardes).
  • Rúa da BD: o espírito de Viñetas, onde habita toda a fauna e onde está o magma da cuestión. Creo que os horarios continúan a ser de 12 a 14h e de 18 a 20h, polo que tedes tempo a investigar por aí. Paradas obrigadas son o stand Funcomic onde sempre atoparedes algunha chapa digna de levar posta, o de Retranca onde os meus excompañeiros están pasando de ser alumnos a auténticos profesionais con traballos moi interesantes, e no stand de información das Bibliotecas municipais sempre podedes reclamar gratis o póster do festival se é que o teñen!
  • Autobán: o evento revelación do ano pasado ven con moitísima forza este ano. Parece que os seus organizadores “sacaron do armario” os retraídos debuxantes galegos e iniciaron un movemento de autoedición que está xirando con moita máis forza que a roda dun muíño… O ano pasado os creadores de Eres Tonto tivemos a sorte de contar cun posto na primeira edición e este ano por non ter enerxía nin tempo quedamos fóra… pero teredes variedade onde elixir fanzines. Euler este ano pasou de debuxar sobre tonterías e participa co fanzine Finnegans coa minieditorial Foster Ediciones. Poderedes atopar tamén cousas de Dale Rico, Cabeza de Corte Aéreo, Compota de Manatí, Altar Mutante, Cruel y Estúpido, cómics de Urbanoscar ou Cristian Fojón (o Neymar Jr. da BD galega)… Vaia que non levedes a carteira baleira que tedes bo material onde escoller! Toda a info do evento na súa web oficial: http://autoban-bd.tumblr.com/

A disfrutar cos e dos tebeos, xente!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s