As 24 Horas de Angôuleme 2016

abc

Outro ano máis (e xa van tres consecutivos) puiden participar no duro reto das 24 horas de Angôuleme: unha conta atrás para debuxar un cómic nese tempo límite e con limitacións temáticas e formais. Este ano o formato foi moito máis benévolo, o único estrés foi manter o ritmo, porque consistiu en tres tandas: cada oito horas (15.00 a 23.00 / 23.00 a 07.00 / 07.00 a 15.00) saía unha norma para oito páxinas. E bastante liberdade creativa, porque foron ben sinxelas: a primeira tanda consistía nunha personaxe A relatando unha escena (con ou sen texto), a seguinte nunha personaxe B contradicindo esa escena e por último, unha personaxe C pechando a historia. O máis complicado era organizar o tempo para poder descansar, pero tendo todo o día libre, ben aproveitado quedou o asunto.

 

Como saberedes os que me tedes por Facebook, ou botando unha ollada ás miñas últimas publicacións no blog, últimamente ando bastante pesadiño co tema da política e das eleccións xerais en España. Non é para menos, debido á bastada de saturación mediática e o comportamento delirante da prensa. Precisamente, as portadas do ABC que encabezan esta entrada son unha das cousas que teño metidas nos miolos a día de hoxe e que remataron por marcar a miña participación deste ano no reto de Angôuleme. Fixen unha historia sen texto para intentar chegar a máis público internacional, pero teño que recoñecer que o meu universo creativo ás veces é tan retorcido e miope, que o final quen poderá chegar a entender a historia será a ‘xente da casa’. E máis aló de criterios estéticos, non estou tan satisfeito co resultado co guion porque debería ter esaxerado a historia relatada por Donatello, cunha visión máis imparcial (xa coñecedes como é Donatello), pero non sabía ben como sería a segunda norma nin tiña a seguridade de que Leonardo sairía á escena. Cousas do directo…

Se queres ler “As tartarugas tamén votan”, velaí vai o enlace.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s