Media Maratón do Carballiño 2016

octopusrun

Octopus Runner

Onte tiven a oportunidade de participar por primeira vez na Media Maratón (21 km) organizada na localidade do Carballiño, un percorrido de sete quilómetros para ser completado en tres voltas por todos aqueles que non teñen medo de rematar feitos ‘polbo‘ (síntoo, pero é que complicado non xogar coas referencias ó cefalópodo que ofrece esta cidade).

A verdade é que a experiencia foi ben gratificante, a organización tiña todo ben controlado e o número de participantes non foi excesivo (arredor de 270 corredores), polo que tanto profesionais como amateurs puidemos compartir unha carreira sen complicacións. Da miña curta experiencia, foi unha combinación entre as características e condicións do terreo da carreira popular de Negreira (menos duras e con tramos máis divertidos) e a esixencia dunha media Maratón como na que participei en Madrid (pero moitísimo menos masificada e con xente con máis sentidiño á hora de respectar ós outros participantes).

Teño entendido que houbo unha modificación do percorrido con respecto á edición anterior, polo que non sei se permanecerá invariable… Nesta ocasión, o circuito comezaba diante da estación de buses en dirección ó balneario, para xirar á dereita despois de pasalo. Un tramo de asfalto levaba á parte máis bonita do traxecto: un camiño de terra (e de lama) á beira do río, que remataba nunha pequena pero esixente pendente. Unha vez nunha estrada costa abaixo que contaba cun punto de avituallamento, tocaba un xiro marcado pola organización e o tramo máis duro: subir costa arriba esa estrada de algo máis de medio quilómetro ata chegar a internarse nun pequeno bosque, entre longas baixadas e apuradas subidas. Unha vez de volta a cidade, chegaba o tramo máis tolo e divertido: unha estreita e pronunciada baixada en asfalto chea de buracos e pedriñas. Por sorte non cheguei a vivir dramas, pero a verdade que non tiven o valor de espremerme ó máximo nesa zona…

Da miña experiencia pouco podo comentar… Rematei a carreira sen levar un golpe, non fun dobrado pola cabeza de carreira (pouco lle faltou, cando pasaba o arco do tempo por segunda vez, estaba a piques de chegar o gañador) e deixei a marca por debaixo da hora e cincuenta minutos. E puiden tomar unha caña de Estrella e un plátano nada máis chegar á meta, polo que non hai queixa! A ver se as pernas aguantan o ritmo e podo participar noutra edición!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s