Autobom 2016

auto

Despois dunha tempada afastado dos eventos i encontros da BD e da autoedición en Galicia, este venres tiven a sorte de poder pasarme pola edición invernal dunha das citas obrigadas do gremio: o Autobán, rebautizado como Autobom para a ocasión. E reconforta, abraia e mete presión ver como aquela xente coa que compartiches mercadillo dous anos atrás vai medrando e mellorando os seus traballos a un ritmo imparable.

A inauguración celebrouse onte na Nave 1839 (á beira da estación de tren da Coruña) cun bo éxito de convocatoria, co II Akelarre Mutante dentro do marco do minifestival, proxectando a curtametraxe de animación Sangre de Unicornio de Alberto Vázquez (por YouTube podédela atopar, un visionado sen desperdicio) e o concerto de Hongo + Mano de Obra. E ademais de toda esta acción, por alí estaba instalada a mesa con moitas delicatessen autoeditadas. A un gustaríalle petiscar de todo, pero tocaba facer dieta de peto e seleccionar un pouco entre o material a degustar.

12722610_10153446109002918_60041944_o

Entre as miñas adquisicións de onte, xa que acudín ó Akelarre mutante, non quedaba outra que ofrecerme ó seu Altar Mutante, que continúa a engulir almas na súa 4º entrega coa participación de novos sacerdotes do mal, como sentencian na primeira páxina. Entre as novas fichaxes atópanse o miñoco Jorge Peral e tamén Debelius, que anda cociñando máis cousiñas ricas desde a súa base das Rías Baixas. Outro exemplar que xa me tardaba era o terceiro número de Cruel y Estúpido, unha delicia para os amantes do humor absurdo e delirante cun estilo gráfico herdeiro de Ren & Stimpy ou Cow & Chicken que tan ben domina Robe M SolerLast but not least, os artífices do blog Matadero Bonnissel pegan o salto do aséptico e frío formato virtual para ofrecer unha obra moito máis acorde co seu espíritu, con cheiro a fotocopia en branco e negro, de grapado manual e coa posibilidade de manchar as súas verbas cos cubatas da previa dun partido en Riazor. Un collage nostálxico e furioso para non perder de vista.

Outros compromisos impídenme asistir ás actividades e o mercadillo de hoxe que se celebrará no local La Maleta (Rúa Orzán, 170) desde as 12:30 ata as 21:30. Se estades pola Coruña e tedes tempo de pasar por alí, botádelle un ollo á programación na web oficial e aproveitade! E despois non vos queixedes que non hai productos e oferta cultural de calidade por Galicia!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s