Un Derbi de Turcos e Portugueses

onosoderb

Este sábado está marcado en vermello para os seareiros do fútbol. Dunha banda, xógase un partidiño entre os equipos que máis portadas e titulares acaparan no mundo (uns tal Barça e Real Madrid); e despois ás 22.05h chega o Señor Partidazo que xuntará, medirá e toleará a todo galego, turco e portugués: o Noso Derbi, o enésimo enfrontamento entre o Real Club Celta de Vigo e o Real Club Deportivo da Coruña.

É moi curioso comprobar como nos últimos tempos desde as dúas directivas estase a poñer moitísimo máis esforzo en atenuar todo o que une a ámbolos clubes no canto de marcar distancias. Uns anos atrás celebrouse un amistoso en Pasarón no que imperou a boa relación entre afeccións. En vistas a este derbi, proliferan as campañas conxuntas, como o apoio á de doazón de sangue ou actos promocionais compartidos por xogadores de ambos equipos. Estou seguro de que entre algúns seareiros tanto do Celta como do Dépor que teñen as retinas e os cerebros tinguidos das cores dos seus respectivos clubes, non lles resultou doado procesar a cordialidade imperante entre Iago Aspas e Lucas Pérez, por moito sentido común que se lle poña. Do que non se dubida é que nesta voráxine de bos sentimentos, un dos momentos máis inesquecibles sucedeu no partido de ida en Riazor nesta presente temporada (2015/2016), cando sonou ó comezo o himno galego: por primeira vez nun campo de fútbol, seguidores do Celta e do Dépor puideron mirarse antes á cara que ó escudo da camiseta do rival. E as declaracións de Lucas desta semana da súa vontade de compartir un partido de selección galega xogando con Aspas e outros grandes futbolistas en activo, pode resultar épico se as súas verbas son atentidas.

Son bastante partidario deste tipo de xestos distendidos que relaxan o ambiente e logran que algúns sectores das bancadas baixen revolucións á hora de provocar incidentes; o único que agardo é que tampouco se rebaixe a paixón, o morbo e o pique entre o público. Aínda que supoño que un dos obxectivos das directivas é trocar dos estadios cánticos como “Vigo No” por “Vigo Quizás“, como ben dicía Luis Enrique nunhas declaracións sobre Mourinho, ‘un poco de salsa y ritmo también le va bien al potaje‘.

Se aínda queres ler máis sobre o derbi do próximo sábado, os meus compañeiros de Riazor.org están a facer unha cobertura impresionante de todo o relacionado con este partido. Visitando a web e clicando na categoría #ONosoDerbiBalaidos, terás acceso a todas as novas e reportaxes sobre o tema. A miña contribución ante tal cita é o debuxo que ilustra o inicio desta entrada, no que se ben está claro de onde procede a referencia de ‘portugueses‘ para os seareiros do Celta (a proximidade xeográfica cos veciños lusos), non se coñece tanto porque nós temos a consideración de ‘turcos‘. Pero bueno, esa historia xa a contarei noutro momento e por outros medios…

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s