Carreira Popular da Torre de Hércules 2016

torreherc

O pasado sábado 2 de abril a Torre de Hércules alumeou un curioso entrante deportivo antes do Derbi Galego: a VI Carreira Popular da Torre, unha cita nocturna (21.00h) aberta a todo tipo de corredores. Con esta entrada quero comentar brevemente as características do evento por se reeditan a mesma organización o vindeiro ano e algún interesado quere ter unha referencia máis á hora de preparala.

Percorrido: trátase dun circuito bastante breve de 6,5 km (aquí está o mapa), comezando á beira da Cidade Deportiva da Torre, cunha recta que leva ó barrio de Adormideras e se incorpora á estrada; despois ven una breve costa que remata no Paseo Marítimo, para baixalo ata pasar a Torre de Control Marítimo e dar volta de novo. E co plus engadido de ter que chegar ata a entrada da Torre de Hércules, subindo esa interesante costa final.

Dificultade: media/baixa. Baixa para aqueles que acostuman a adestrar cada semana ou participar en carreiras con certa asiduidade (este texto vai dirixido para xente mortal, non para verdadeiros profesionais do atletismo). No caso dos que son un pouco máis deixados ou aínda non se animaron a participar ningunha carreira, esta pode ser unha boa oportunidade para comezar, pero será bastante esixente. Pasado o primeiro quilómetro, subir a costa de San Amaro será o primeiro reto da proba; arredor do km 4 será o momento de desfacer a baixada do Paseo Marítimo e aínda haberá outras dúas pendentes (a dos Paseo dos Menhires e o arreón da subida á Torre de Hércules) que pedirán esforzo extra en corpo e mente.

Recomendación: a que se pode dicir para todo: disfrutar do momento e da ubicación da carreira. A verdade é que a pesar de estar morrendo por dentro nos derradeiros metros que levan á torre, é un tramo nocturno moi bonito, ademais da fermosa zona que son os arredores da Torre de Hércules, co Paseo dos Menhires ou o Paseo Marítimo. E outra observación que por moito que se repita ninguén lle fará caso, pero hai que intentalo: se é a túa primeira carreira ou formas parte dos que non aspiramos realmente a gañar ningún trofeo máis que a fruta que che dan o final, intenta non poñerte moi adiante na saída. Nas carreiras populares, son o primeiro en considerarse un corredor ‘do montón‘ co único obxectivo de chegar á meta con todos os meus órganos funcionando; pero por primeira vez na miña vida indo a estes eventos, comecei a adiantar xente no km 1 antes da subida da costa que estaba retirándose da proba… E vale que a inscripción vale 2 euros e ninguén ten porque sufrir, pero comezar con calmiña e cabeciña custa aínda menos, e terá un final feliz. É un proba que se pode facer dura para novatos, pero tomada con tranquilidade pode ser o prólogo perfecto para anotarse a moitas máis.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s