DÉPOR – BARÇA: Choscos e Choscas

PREVIA-BARCA

Hoxe mércores 20 de abril ás 20.00h xógase en Riazor un partido no que moitos ollos estarán pendentes do que aconteza no estadio: o FC Barcelona ven de ter un mes absolutamente nefasto onde quedou fóra do campionato de Shempions e onde perdeu toda a vantaxe de puntos acumulada en Liga ata estar emparellado co Atlético de Madrid e só un punto enriba do Real Madrid. E son consciente de que os seareiros do Dépor, sempre mergullados no optimismo da vontade (e algúns ata na emoción do alcohol), non gustan de ver en Riazor.org viñetas onde impera o pesimismo da razón, pero como amante da retranca era irresistible comentar as dinámicas de onde veñen os dous equipos.

Como afronta un deportivista cegado e verdadeiro -o optimista da vontade- o partido desta tarde? Obviamente, con ilusión, confianza e todas as expectativas de sumar unha victoria incríble ante o vixente campión de Liga e da Shempions da pasada tempada. E como afronta o deportivista cínico e resignado -o pesimista da razón- que xa perdeu toda a ilusión gañada na primeira volta? O primeiro e máis importante desexo e non levar unha chosca: non fai falla mirar moi atrás no tempo para recordar algún partido en Riazor doutro dos grandes da Liga que non paga a pena citar. O segundo e fundamental é rañar puntos: para un tempada que temos a posibilidade de contar cunha permanencia con acougo, semella que ó Dépor lle está collendo gusto ó de sufrir ata o derradeiro suspiro.

E depois ven o dilema secundario, superfluo e externo que resulta de capital importancia fóra de Coruña: estamos en débeda co Barça pola permanencia in extremis do ano pasado? Obviamente, non. Pero a sensación de ser indultados no Camp Nou sempre estará aí para moitos afeccionados… E a urxencia de gañar unha Liga máis fronte coa desesperación do ano pasado de xogarse o descenso, é relativa (falando sempre desde a parcialidade branquiazul). Pero bueno, non paga a pena darlle moitas voltas ó tema, porque en cuestión de horas comezarán os 90 minutos que disiparán todas as nosas dúbidas e teimas da cachola.

Forza Dépor e Visca Corunya!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s