O primeiro Maratón

42

A semana pasada viaxei a España para desafiarme a min mesmo na capital do Reino nunha cita de longo percorrido: a EDP Rock’n’Roll Maratón de Madrid. Todas as emocións e pensamentos que vivín durante esas case catro horas quedarán para min. Tamén quería compartir convosco algunhas experiencias desta aventura, aínda que prefiro facelo como se merece, noutro formato e máis calmiña.

Con esta entrada no blog só quero rescatar tres conceptos que vivín durante este proceso e que poden servir para moitas outras facetas da vida. Resulta moi estimulante e interesante participar en retos así, tanto polos límites físicos ós que te sometes e sobre todo ós mentais. Velaí as miñas reflexións:

1.- Faino. Cando teñas o ímpeto de iniciar un proxecto, por moi tolo que sexa, acepta o desafío. Podes meditalo un pouco, darlle as voltas que faga falta, pero non cometas o erro de ser excesivamente calculador ou racional se queres chegar a inicialo. Cando comeces unha aventura importante, deixa que o teu corazón sexa o xefe e máis adiante o teu cerebro sexa o axudante. Os primeiros compases deben estar marcados polos teus latexos, non hai unha guía máis poderosa e sincera que esa. Se isto está ben asumido, por moito que delegues responsabilidades e presións noutras persoas, sabes que ti es o máximo responsable e farás todo o posible para seguir adiante ata a súa conclusión.

2.- Non abandones. Cando comece a ser público o teu proxecto, atoparaste con xente leda pola túa decisión e motivación, pero tamén con moitos con pensamentos contrarios. ‘Onde queres chegar con iso?’ ‘Para que e por que o fas?’, ‘De que che vai servir?’, ‘Que pretendes demostrar?’, ‘Non prefires facer algo máis útil co teu tempo?‘. Cando se acumulen varios episodios de frustración ou ata cando esteas sen folgos preto do teu obxectivo, a negatividade vai intentar someterte. Isto é moi doado escribilo e terriblemente difícil facelo, pero a cousa está clara: tira para adiante, nin caso. Ata cando penses que non ten sentido o que estás a facer, se das superado esa barreira de negatividade, o que che agarda despois dará sentido a todo o sufrimento anterior.

3.-  Rodéate dos teus. Hai xente que pertence a outros mundos e pode chegar a realizar empresas inimaxinables e presuntamente sen axuda de ninguén. Aínda que comeces só un proxecto, a experiencia do maratón fíxome comprender o importante e fundamental que resulta ter xente ó teu carón: durante a preparación, na realización e nos últimos instantes de chegar ó obxectivo. O eixo da aventura vas ser ti, pero igual de importante vai ser o descoñecido que che vai dar un consello ou ánimos cando menos contes con el. Se non chega a ser pola familia, os amigos de toda a vida e os recentes, e ata dun corredor anónimo e inesperado que me deu un último empurrón moral cando máis o necesitaba, non daría feito. Estou moi agradecido a todos os meus contactos nas redes sociais que vendo fotos do evento me felicitaron, e inda máis polos meus achegados que sempre estiveron aí. Facer que a mañá na que decidín viaxar lonxe da casa para correr 42 km do tirón (e inda por riba, pagando) en lugar de semellar unha parvada masoquista extrema fose unha proeza, non ten prezo.

Agardo poder relatar outro día todo o relacionado con esta experiencia e que vos animedes a vivir experiencias similares. Pero bueno, o caso é non gabarse moito dos obxectivos cumpridos e mirar ós próximos, aínda queda moita estrada por diante!

Anuncios

4 comments

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s