Un Día de Furia de Víctor Sánchez del Amo

viccc

Onte Víctor Sánchez del Amo na súa antolóxica rolda de prensa, vingou numerosos capítulos illados da miña vida a nivel sentimental e laboral: rexeitamentos amorosos dos que nunca chegarei a comprender o motivo; así como entrevistas de traballo que non prosperaron cando tiña todo baixo control. Víctor abandonou o estilo JJ Abrahams de ir aumentando a trama de misterios para capturar a atención do espectador e deixalos sen responder, para poñerse o disfraz de Manoj Night Shyamalan e explicar antes dos créditos todos os misterios sen aclarar da película de suspense.

Resulta abraiante como en cuestión de tres cuartos de hora podes modificar a visión dun sector tan capital dun clube de fútbol como é o da afección. Non é que automáticamente todos os seareiros indulten a Víctor pola súa redención pública, pero se en Riazor.org e nas súas redes sociais botas unha ollada ás opinións previas e posteriores á rolda de prensa, pódese comprobar como cambia a opinión da xente coñecendo unha situación en boca dos protagonistas.

Aínda que o culebrón ven de bastante máis atrás, o quentiño da semana comezou coas declaracións de Jorge Teixeira, representante de Luisinho, que convocou persoalmente unha rolda de prensa onde probablemente pretendía dar a idea de que se o xogador non estaba sendo convocado a cotío, debíase á animadversión que tiña o técnico polo xogador luso. Unhas declaracións que rachaban a omertà imperante no mundo do fútbol, onde os trapos sucios non se airean por profesionalidade e onde as únicas filtracións saen da boca de topos que queren aloumiños dos xornalistas.

Unha vez rachada esta lei do silencio e co obxectivo da permanencia no peto, Víctor tiña o terreo propicio para poder espetar á prensa e ós seus detractores todo o culebrón co que estivo cargando durante a temporada. Tivo tempo para poder facer recomendacións audiovisuais (unha conversación entre Fernando Torres e Carlos Matallanas), citar cifras e estatísticas en defensa da temporada do equipo (tres temporadas consecutivas en Primeira, ser dos equipos que máis tirou á portería do Barça no cómputo xeral…o de defender o récord de empates, ten o seu aquel), xogar coa lírica falando dos grandes da Liga (“cuando esos monstruos de 500 millones de euros se ponen las pilas, poco hay que hacer“), apelar o seu exitoso pasado deportivista como xogador, recoñecer que comezando polo equipo técnico calquera comparación co SuperDépor semella unha burla… Un exercicio de autocrítica e humildade brutal, que ten como contrapeso erixirse como o principal perxudicado da presente temporada, e o de sinalar ós xogadores conflitivos en público comentando actitudes e sucesos do vestiario incríbles para xente que xoga en Primeira División. Que o teñen merecido? Probablemente, ma finchè c’è calcio, c’è omertà…Ata que exista o fútbol, existirá a lei do silencio.

Agora que por primeira vez en anos o Dépor está en Primeira e chega á derradeira xornada co obxectivo cumprido, é bastante vantaxista dicilo, pero sinceramente sería unha mágoa a marcha de VSdA. Nestes últimos anos, así como respirei aliviado coa marcha de Lotina, Víctor Fernández ou a de Domingos Paciencia O Breve; non pasou o mesmo coa de Oltra ou co inxusto despido a Fernando Vázquez. Gustaríame como mínimo contar con Víctor Sánchez del Amo nos primeiros compases da temporada para medir o potencial real nun vestiario que agardemos que comece desintoxicado para o próximo curso, aínda que a rolda de prensa tivese tono de punto e final. Veremos qué sucede durante e despois o derradeiro partido da temporada en Riazor, pero vista a situación, o partido máis importante da xornada xogouse na rolda de prensa e xa está dispoñible en YouTube…

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s