Presentación de “Dexeneración Democrática 2” en Alita Comics

alita

O pasado 30 de xuño, pechando un mes de frenética actividade creativa, presentouse en Alita Comics o fanzine Dexeneración Democrática 2, un ataque sen piedade contra as cinco principais formacións políticas en Galicia (PP, PSOE, En Marea, Ciudadanos e BNG). Resultou ser un peculiar encontro entre simpatizantes do que estou ben seguro que non todos votaron igual nas pasadas eleccións (e algúns ata cambiando o voto entre a cita de hai seis meses e a máis recente).

O momento dedicatorias supuxo un bo termómetro para medir a popularidade dos principais líderes políticos: mentres que fixen un debuxo de cada un dos principais líderes (Mariano Rajoy, Pedro Sánchez, Pablo Iglesias e Albert Rivera), o gañador real deste evento foi Alberto Garzón con tres interesados en ter un debuxo seu! O curioso de todo é que non aparece nin no primeiro número nin neste, sen ter nada contra del… E iso que onte sentínme identificado en certa medida: en popularidade por Internet todo o mundo tenme polas nubes, pero á hora da verdade non mobilizo tanto público… Como che comprendo, Alberto, quedo coa lección aprendida.

Para pechar o pequeno acto, contei coa xenerosa colaboración do PP de Coruña: quería que todos os asistentes marcharan cun sabor victorioso na boca, e pola mañá pasei pola súa sede provincial para preguntar se podería contar cos seus caramelos de campaña electoral. I eles son tan, tan, tan boa xente, que ademais de darme un bo feixe, saín da sede do PP cun sobre. Marabilloso. Moi agradecido pola xenerosidade e o toque de retranca galega que tivo a anécdota!

13582374_10153681576087918_1953966158_o

Dexeneración Democrática 2 conta con 40 páxinas en formato A5 en branco e negro. Poderás atopar exemplares nas tendas de Alita en Coruña: Alita Orzán (Rúa Orzán, 94) e Alita Comics(Ronda Nelle, 120). Aproveitade, que a tirada non foi moi grande e supón unha auténtica reliquia do humor sobre a política galega!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s