San Silvestre Santiago de Compostela 2016

00

¡Como presta correr na San Silvestre de Compostela! Cada ano vai gañando en ambiente e mellorando na organización. E nada mellor que mesturar diversión e deporte para que a xente se anime a participar nunha carreira popular.

Xa participara neste evento en edicións anteriores, e a verdade que non quedara de todo satisfeito… O ano pasado a saída foi moi caótica por dirixirse cara as rúas máis estreitas do casco histórico e tamén por ter problemas coa cronometraxe. Porén, nesta ocasión toca felicitar a organización por mellorar o percorrido, facilitar a entrega de dorsais e promover un ambiente máis lúdico que de competición. Medrou a participación e tamén a retranca dos corredores, moito máis animados a ir disfrazados para ocasión. Co gallo deste post, fixen una pequena galería de personaxes que me chamaron a atención:

01

As medusas paraugas. Para min, o vencedor moral da categoría de mellor disfraz. Unha idea moi orixinal feita cun paraugas, luces da árbore de Nadal e tiras de papeis de burbullas. Unha xenialidade.

 

02

Uvas para as badaladas. Xa vira o ano pasado a xente disfrazada con globos verdes a modo de uvas. Aínda que tampouco implicara moito curro este disfraz, estache simpático.03

Xogadores de waterpolo. Un auténtico show. A ano pasado compartín carreira con esta xente durante un tramo i era un espectáculo estar o seu carón… Iso si, o perigo de bater coa súa pelota cando estás correndo, non da moita seguridade…04

Árbore de Nadal. O gañador na categoría de Mellor Disfraz de este ano. E con razón: si eu estaba un pouco abafado por correr 5 km levando unha máscara tapando a miña boca e nariz, o de este home ten un mérito criminal…05

O capitán co cabalo. Segundo ano que vexo a esta xente, nun imparable camiño ó absurdo máis absoluto. Unha parella de rapaces que destacaban por levar un cabaliño de xoguete coa bufanda do Celta, e este ano inda por riba cunha máscara de pato… Non coñezo a referencia exacta deste disfraz, pero resulta difícil de esquecer…

Habería moitísimos máis que comentar: o home con luces de árbore de Nadal, indio, Ratatouille, as abellas, Spiderman… O Entroido runner no que se está a converter a San Silvestre cada vez pinta mellor!

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s