Panorama da BD galega 2016

panorama

Despois de anos lanzando viñetas ó océano de Internet sen ter moi claro se son un debuxante emerxente, somerxido, mergullado ou naufragado, Euler meteu as miñas páxinas na botella de Foster Ediciones, chegou un pouco máis lonxe e o capitán Jano Ilustra tivo a ben pescarme e subirme ó barco do Panorama da BD Galega 2016 fletado pola Concellería de Culturas da Coruña.

O martes 2 de maio celebrouse o acto inaugural do que deron boa conta diversos medios de comunicación como La Voz de Galicia, El Ideal Gallego ou La Opinión de A Coruña, e ata tivemos momento foto de familia! A experiencia de ir a un bar e copar portadas mentres Cristiano Ronaldo facía o mesmo na prensa deportiva, non ten prezo…

descarga

Unha exposición cun catálogo de 68 autores do que me sinto moi honrado e agradecido por participar. Os interesados tedes ata o 4 de xuño para visitar a mostra na Sala Salvador de Madariaga (R/ Durán Loriga, 10).

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s