amnistia-coruna-comic

Impresións do Viñetas desde o Atlántico – Autobán 2017

Aínda que fora dun xeito un tanto exprés, este ano puiden degustar un pouco do que foi o encontro obrigado do mundo da banda deseñada galega… e o da autoedición local.

Imaxino que é complicado resultar imparcial sendo coruñés e tendo Viñetas desde o Atlántico como un dos encontros marcados todo o ano… Inda así, e estando únicamente a mañá do venres e o resto da fin de semana, teño a sensación de que Viñetas cada ano vai mellorando en calidade e cantidade.

Presentación de Nai dos Desterrados

A miña contribución á causa este ano non consistiu nun fanzine autoeditado nin da man da fantabulosa Foster Ediciones, senón que o equipo coruñés de Amnistía Internacional en colaboración con Alita Cómics -e outras librerías colaboradoras para a súa distribución- tivo a ben sacar unha marabillosa iniciativa: Nai dos Desterrados.

Este fanzine ten como propósito dar a coñecer, concienciar e achegar o labor que realiza Amnistía Internacional como organización independente que loita pola defensa dos Dereitos Humanos. Un luxo compartir publicación con outros grandes como Alejandro J. Almau, Kike J. Díaz, José Domingo, a “todoterreno” Paula Esteban, Ana Moreiras, o mestre Miguel Porto, Luis Yang e Yupiyeyo.

sen-voz-propia

A miña historieta, “Sen voz propia“, fai unha achega sobre a situación dos dereitos lingüísticos e culturais da comunidade kurda en Turquía. E, cousas da vida, o día antes da presentación na que colaboraron as Bibliotecas Municipais da Coruña, eu aterrizara dunha viaxe en Turquía, onde a directora rexional de Amnistía Internacional, Idil Eser, estaba detida no cárcere acusada de “colaboración cunha banda armada terrorista”…

Autobán 2017: Talento e novidades a esgalla

Sen moito tempo para nada, o sábado foi un día intenso na rúa Orzán, xa que este ano o mercadillo de autoedición estaba ubicado nesta zona. Unha mágoa non participar a xornada anterior nas actividades da Nave (ese brilé brutal ten que ter máis edicións…), pero polo menos tiven a oportunidade de saúdar a vellos coñecidos e vivir o ambiente (desde o posto de Foster Ediciones, con algún paseo esporádico). Seica Euler tivo os seus momentos durante a debate a varias bandas sobre a actualidade do mundo do cómic…

autoban-2017

E xa que a maratoniana tarde de ventas non deu a moito marxe de participar en ningún evento, pola noite polo menos a festa de clausura tivo o seu aquel coa congregación da xente da banda deseñada no Bar 13 e no sorteo delirante de merchadising de anos anterior. O mellor modo de despedir ata a próxima unha cita comiqueira que medra ano tras ano.

As miñas adquisicións: Shut up and take my money!

E realmente o que da máis rabia de coñecer tanto material bo novo e pasado, é que os cartos non dan dabondo para mercar todo o que che gustaría… O talento e a calidade págase, e cando ven en tanta cantidade, imposible dar abasto (e iso que novamente deixei bastante capital en facerme con novos tesouros para as miñas estanterías).

Aquí vai o listado das miñas adquisicións, por se queredes quedarvos con algún título: ¿Hay alguien ahí? de Yupiyeyo  BDG70: A revolta do cómic galego (baseada nun traballo de Xulio Carballo e unha expo de Demo Editorial na UDC), o último fanzine de Mateo Alvarellos, o Finnegans #6 de Foster Ediciones, Altar Mutante #6, Hood de Ismael López Arias, Galifornication de Isaac Amboage, o Licor Café de Varios Autores para Demo Editorial, Lo mejor de [Autor Famoso] de Manuel Álvarez, o Hermético IV dos alumnos do Garaxe Hermético, BD de L’Akrasie de Miguel Cuba, o Cruel y Estúpido nº5 de Rober M. SolerCuruxa, a voz de Azazel de Fon.. Completiño de todo!!

E ata aquí o que deixou a miña experiencia deste ano! A ver se as cousas permiten pasarse para a seguinte, e seguir disfrutando do cómic máis e mellor!firmando

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s