Oinktober no AU/OU 2017!

Os que me seguides pola páxina de Facebook ou por Instagram, xa sabedes como abordei o Inktober deste ano: Oinktober, unha sentida homenaxe á Xeración Xabarín.

31 series animadas do Xabarín Club para 31 días do mes de outubro. Un reto ben duro e complicado que derivou nun fanzine recopilatorio (resolto facendo algunha trampullada…) . E que mellor sitio para lanzar este fanzine que no Sindicato del Cómic, a mellor e máis especializada tenda de cómic en Ourense. E inda por riba dentro da festa da autoedición galega continuada por Euler: o AU/OU, que repetiu unha nova edición o pasado sábado 28 de outubro.

O lanzamento tivo o seu aquel, xa que decidín propoñer unha promoción especial para valorar a fidelidade e magnitude da xeración Xabarín: o prezo do fanzine está cifrado en 2 euros, reducido á metade para todos aqueles que ensinaran o seu carné do Xabarín. E ata tres asistentes do AU/OU demostraron os seus valors de porcos bravos. Unha fantástica sorpresa que agardo que se repita (e se supere) nas vindeiras citas do calendario da autoedición.

Untitled-2

Por motivos de todas as cores, non puiden asistir tanto tempo como me gustaría, pero a verdade que foi unha tarde moi entretida entre coñecidos e colegas. Por máis iniciativas como esta! Por fuciños, por cacheiras!

Se queredes acceder á galería do Oinktober, aquí tedes o enlace ó meu Instagram (buscade no mes de Outubro 2017).

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s