O QUE FOI FOI FOI O FUN FUN FUN 2017

Había dúas opcións: ou que rematase o ano 2017 ou que 2017 rematase comigo. Agora que xa quedan menos de 15 días, parece que vai gañar a primeira opción e xa non me quedan durante estes días máis retos por diante ós que sobrevivir.

E comento isto porque se na anterior entrada xa explicaba o intenso mes de actividades que tiven en novembro, en decembro aconteceu outra cita imperdible no panorama do cómic galego: o Fun Fun Fun, argallado pola boa xente da Escola Unitaria en Santiago de Compostela. Unhas xornadas de autoedición con mercado, ponencias, sesión vermú, videoregueifas… De tó.

Mercado de autoedición

Este ano, sen ter confirmada antes a presencia de Foster Ediciones co camarada Euler, apunteime pola miña conta ó mercado de autoedición levando exclusivamente exemplares do Oinktober, que xa percorreran terras ourensanas (AU/OU) e madrileñas (Graf). Ó final, Euler logrou pasar por Santiago de Compostela e ademais das habituais publicacións sabrosonas, quedaban exemplares de Amor Orgánico procedentes do summer love 2016.

foster-ediciones-fun-fun-fun

(Fotografía de Euler)

Non tiven moita marxe de orzamento para conseguir tantas historias autoeditadas como me gustaría, pero algunha cousiña interesante pesquei: “la camiseta que emocionó a Seerresiete” aka MÁS FUTVOL POR FABOR de Leandro, a súa revista Solo Hegel realizada xunto con Guitián, Ovni, Farola, Perro de Pilar Marcó e o recopilatorio Digipanic! de Yogur Podrido. Non podería afirmar cal destes tres fanzines me deixou máis volado, porque cada un deles ten o seu estilo peculiar e indescriptible…

Combate de debuxantes

O ano pasado asistín de público por primeira vez a un combate de debuxantes (precisamente o do Fun Fun Fun) e quedei marabillado polo ambiente vivido. Ver a Leandro, Aaron e demais artistazos someténdose a frenéticos retos de debuxo delirante, con musicote de fondo, bebendo chupiños antes de cada debuxo… pareceume sensacional. Este ano, no que fixen do proverbio songokuniano de “estar disposto a todo, a calquera cousa que veña” a miña frase misterwonderfulera,  animeime a candidarme a esa marabillosa tolemia.

Se o formato xa é divertido desde o lado do público, como debuxante é o despiporre. Tiven a inmensa sorte de que o sorriso do destino que non quixo facer presidente a Pedro Sánchez, pero sí a Donald Trump i enviar a Manel Navarro a Eurovisión, tamén quixo meterme na final tras enchouparme de Thunderbitch e batirme con monstros como Juan Pablo Venditti (ó que non perderei de vista) ou Santiago Paredes. E vista a evolución do combate, a final tanto podía rematar nunha victoria do enorme Cristian Fojón (o seu Papá Pitufo da primeira rolda quedará gravado para sempre nas retinas dos presentes) como a que tiven a fortuna de conseguir.

combate-debuxantes-fun-fun-fun-2017

(Fotografía de Mola! A Subcultura en Galego)

Se o destino volve sorrir para celebrar un novo Fun Fun Fun na Unitaria o ano que vén… Non o pensedes moito e bulide, modafocas!!

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s