Festivales

Panorama da BD galega 2016

panorama

Despois de anos lanzando viñetas ó océano de Internet sen ter moi claro se son un debuxante emerxente, somerxido, mergullado ou naufragado, Euler meteu as miñas páxinas na botella de Foster Ediciones, chegou un pouco máis lonxe e o capitán Jano Ilustra tivo a ben pescarme e subirme ó barco do Panorama da BD Galega 2016 fletado pola Concellería de Culturas da Coruña.

(más…)