Cultura

¡Un Mansilla en Aun Pillas Tortillas!

Este 2017 está deixando cousas bastante curiosas na miña checklist. A última, tan desconcertante como divertida, foi a de aparecer no programa Vivir Aquí da TVG degustando tortillas da Coruña…

(más…)

Anuncios

Los Pokémon de los políticos españoles

pokem

De aquí a un tiempo, la política española ha sufrido un incremento de interés desorbitado que ha jugado en su contra. De la ilusión que generaba el cambio político hace medio año, hasta el hartazgo absoluto por el fracaso de una legislatura de cuatro meses.

(más…)

Día del Libro 2016 | Lecturas Recomendadas

13035419_10153537280212918_268968761_o

Mañana es el día en el que por imposición social mucha gente se acerca a las librerías a comprar libros -creo que más recomendable que eso sería leerlos, aunque sea de préstamo en las bibliotecas-. Para los habituales de este humilde blog, os dejo varias recomendaciones sobre libros que he estado leyendo estos últimos meses y considero que podrían resultaros interesantes si mañana os animáis a comprar alguno. Y si viendo el listado, se os ocurre ampliarlo con vuestros comentarios, bienvenidas sean las sugerencias!

(más…)

De Sangenjos e Las Coruñas

mari

Semella que o Ministerio do Tempo pode evitar que o Cid sexa asasinado ou que o ‘Guernica’ de Picasso chegue a España despois do franquismo, pero (aínda) non da resolto un problema eterno e máis evidente desde a Transición española: o conflito lingüístico.

Un dos programas estrela de TVE, un auténtico fito á hora de conxugar entretemento de primeira calidade e contido didáctico nunha serie de ficción, tivo o detalle esta semana de resucitar a figura dunha coruñesa ilustre: María Pita. Sen ser o eixo principal da trama, foi unha das personaxes máis importantes do capítulo por mor da súa relevancia na Historia con maiúsculas. Queda claro nestas palabras de Ernesto (e das que nace a polémica):

“Si se salva, evitará que 12.000 soldados ingleses capitaneados por el pirata Drake invadan La Coruña en 1589. Si muere, la próxima vez que usted vaya a veranear a Sangenjo es probable que todos hablen con acento de Liverpool y que en vez de pulpo coman fish and chips”

Como recolle este artigo de Huffington Post, Twitter comezou a botar lume entre os galegos. A fervenza de comentarios espallouse por todas as redes sociais e na conta oficial da serie no Facebook, o Community Manager respondeu así a unha alusión sobre o tema:

capt

Vai por diante que non conto cun grande coñecemento en normativas e normalización lingüística, nin nun tema tan complexo e interesante como a toponimia na Península Ibérica; pero eu vexo dúas posturas ben diferenciadas:

– Dunha banda, os castelanfalantes que non ven conflito por ningures á hora de dicir ‘Sangenjo‘. E aquí é cando aparece o exemplo por antonomasia ó falar desde tema: en castelán, todo o mundo di ‘Londres‘ e ‘Pekín‘ e ninguén di ‘London‘ nin ‘Beijin‘. Cando estás a falar de ‘Florencia‘ ou ‘Nápoles‘, non se fala de ‘Firenze‘ nin de ‘Napoli‘. Que non hai que ver unha falta de respecto a ninguén. No feixe de comentarios que se len por Facebook, unha muller afirmaba: “En castellano decimos Sanjenjo desde hace muchos años. Las X son desde la transición“. Obviamente, non hai que ser esaxerado e toca comprender a idea que quere transmitir esta señora, pero a última frase resulta magnífica. Poder concluir que o galego é unha invención de radicais posfranquistas para enfrentar ós españois é marabilloso. Volvendo o tema, o caso é que non lle falta razón á señora, e na Wikipedia pódese comprobar que ‘Sanxenxo‘ comezou a ser oficial desde 1983 pola Lei de Normalización Lingüística. Gustaríame atopar máis referencias sobre a orixe etimolóxica desta localidade para saber a comezos do século XX que nomenclatura aparecía en documentos oficiais, pero vouno deixar en mans de xente máis ociosa ou experta no tema.

– Doutra banda, están os que ven unha aldraxe en que Ernesto pronuncie ‘Sangenjo’ son algúns galegofalantes fartos de aturar chistes con ‘puerteciñas‘. Outra das infinitas aportacións do franquismo neste recuncho europeo, foi a de castelanizar todo lugar da súa España. Nesta vida cadaquén escribe e entende a Historia como lle peta; pero se estás no poder, contas coa opción de impoñer a túa visión. Así, Ferrol pasou a ser ‘El Ferrol del Caudillo‘ desde 1938 ata 1982, e no variado catálogo do ‘feísmo lingüístico’ de Galicia temos El Grove, El Carballino, Orense ou La Toja, entre outros. Xa non se trata dunha cuestión sobre qué soa mellor ou o modo correcto de dicilo, senón que esta perversión lingüística buscaba impoñer unha lingua e anular a outra. Se cadra este feito é o que suscita certa indignación entre os galegofalantes, xa que non se trata tanto de dicir unha cidade galega en castelán, senón que esa denominación artificial foi incluso considerada como a oficial e propia dun sitio anos atrás. E na vixente legalidade, o galego é tan oficial como o castelán, e se ben se pode ter a retranca de falar de ‘meigas’, tamén se pode chamar a un sitio pola súa nomenclatura oficial, sexa en galego, vasco, catalán ou castelán.

Á hora de falar do conflito lingüístico que existe en España, encántame lembrar este intre de ‘Tengo una pregunta para usted’ no que foi convidado Carod-Rovira, e no que comenta esta frase ante a insistencia dunha señora do público en chamalo Jose Luis por ‘non ter interese en aprender catalán’:

 “Si ustedes en 300 años, desde 1714 hasta ahora no han aprendido siquiera a decir ‘Josep-Lluis‘, pero en cambio saben decir ‘Schwarzenegger‘ o ‘Shevardnadze‘, ustedes tienen un problema, no yo”

Non me vou estender máis neste tema tan cheo de matices e polémico polas connotacións políticas que leva. Non deixa de ser un debate aberto no que cada bando terá a súa visión e dependerá das leis do momento; de feito, non fai falta un Ministerio do Tempo nin viaxar ó pasado para mudar a Historia desde o presente. A ver se Emilia Folch é capaz de resolver esta situación tan revirada en próximos episodios…

Fiz do Varón in Memoriam

11815600_10153015099757918_1956511743_n

O pasado 25 de xullo, día de Galicia,sen agardalo, Ismael González Díaz  deixounos orfos . O meu tío avó foi das persoas con máis creatividade que coñecín na vida, “xornalista, publicista, cineasta, productor, distribuidor e exportador de cine, escritor e investigador histórico”. Cada vez que lle tocaba a un xornalista reunirse con el por mor da publicación ou estrea dunha obra súa, era obrigado afastarse do motivo central da entrevista para adicarlle a metade da páxina a súa colorida biografía ateigada de anécdotas.

Con máis historias que a propia Historia (cada vez que me contaba como coñecera a Truffaut ou a Orson Welles, non podía quitar a idea dun ‘Big Fish’ galego da miña cachola), contaxiaba a súa vitalidade e imaxinario os seus achegados. Lembro cando eu era cativo e con nula experiencia interpretativa, ser outro dos candidatos para interpretar unha das súas grandes teimas: o neno labrego das memorias que escribira Neira Vilas. Tamén foi o primeiro que fixo que un debuxo meu fora contraportada dun libro cando eu tería quince anos. E na recámara queda a súa idea de “Erculín” que non lle din tanto percorrido como merece. E outro momento inesquecible para mín: o día no que ollando a sección de DVDs do Corte Inglés de Coruña atopo un DVD do seu filme “Yo amo a Hitler”, para descubrir despois de compralo que o meu pai ten un inexplicable e extraordinario cameo sen saber ren do tema ata ese momento. E para quen queira botar un ollo á súa entrada na Wikipedia ou en IMDB, terá grandes revelacións sobre un dos pioneiros da industria do cine erótico en España.

Así son as cousas, liscou sen ter a oportunidade de despedirse con calmiña de todos, de intentar pechar algún dos centos de proxectos que deixou no ar, pero como sempre e ata o último momento, decidiu deixar este mundo escribindo e creando. Ninguén quere que unha película que lle gusta e sente súa remate nunca, pero como todo nesta vida ten un The End, pero o de Ismael, que preferiu un corte a negro en lugar dun fundido a negro (inconformista ata o final), non desentona na súa biografía. E agora todos os que continuamos por aquí quedámonos aínda máis comprometidos, porque en vida existía a presión de ver cómo aproveitaba o tempo e non paraba de xermolar ideas, e non podemos agardar e fracasar nesta empresa os que contamos con espírito creativo, por pequeno que sexa.

Pode que xa non estea mergullando nestas augas, mais para un peixe como Ismael o océano da Terra non era d’abondo nin moito menos. Aló onde esteas, aquí será imposible esquecerse de ti.

Ficha en IMDB:

http://www.imdb.com/name/nm0328221/

Ficha na Wikipedia:

https://es.wikipedia.org/wiki/Ismael_Gonz%C3%A1lez_D%C3%ADaz