Torpe

Torpe non, o seguinte

Cada rodaxe pode considerarse unha maldición e unha bendición. O audiovisual é algo difícil de definir, un sector profesional e/ou artístico no que un reducido número de privilexiados pode acadar fama, éxito, cartos e felicidade. Un camiño duro e escarpado, onde a xente amateur tropeza e se ergue ata o infinito. E nas miñas circunstancias persoais, tanto tropezo deixa marca. Torpe non, o seguinte, título paródicomenaxe do Clumsy de Jeff Brown, é unha vía de exorcizar os meus traumas dos distintos proxectos nos que ando metido, un pano cheo de mocos que agardo que a súa lectura non vos dea noxo.

Para poder acceder a el, preme aquí

(Enlace a Megaupload, arquivo zip de 30 MB, recomendable lelo con apliacións para cómics dixitais como o Jomic)

E se che gustou, quizáis che interese:

El Humor Valiente (2010)

2 ou 3 choses que je sais de lui (2010)

O seguinte

Portada da banda deseñada

Xente á que lle pode interesar o meu próximo cómic:

– Persoas que colaboraron comigo nalgún proxecto audiovisual.

– Estudantes de Comunicación Audiovisual.

– Curtametraxistas amateurs.

– Persoas entregadas ó medio audiovisual (cinema, televisión).

– Seguidores do meu blog.

– Amantes do xénero autobiográfico na banda deseñada.

– Seguidores de ‘Lógico que salga mal’.

– Persoas que me coñecen e me teñen aprecio.

– Persoas que non me coñecen pero teñen ganas de facelo.

– Os meus inimigos (ódianme en público, espíanme en privado)

– Lectores de banda deseñada en galego.